Semana da prensa (9 a 13 /03)

Aí van unhas propostas. Hai para elixir!


ENTREVISTA DE ULTRATUMBA
Es un/unha xornalista con sorte e poderás realizar unha entrevista en exclusiva dende o máis aló ao homenaxeado este ano para o día das letras galegas, Manuel María. O xornal para o que traballas quere que indagues sobre que lle están a parecer ao autor chairego a diversidade de actos e actividades que se están a realizar na súa honra.
Para poder facer ben esta exclusiva terás que botar unha ollada ás seguintes noticias (con información sobre algunhas homenaxes ao autor), e engadir un pouco de imaxinación e humor.

REPORTEIRO/A DE MAGAZINE
Realiza unha noticia reportaxe onde se dea a coñecer a Casa Museo de Manuel María. A finalidade é que o público teña máis información sobre o museo e se anime a visitalo, xa sexa en familia ou en grupos escolares ou de asociacións. Ao tratarse dunha reportaxe deberás engadir fotografías e incluír algunha pincelada de opinión.
Para realizar este traballo será moi útil que visites virtualmente a Casa Museo: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm;jsessionid=BD4B4985EDD86540EA8ADFEC9E5C3EB8


INVESTIGA A TRAVÉS DA PRENSA
Velaí tes unha chea de preguntas que están a buscar resposta!
Le con atención as seguintes noticias de prensa e obtén máis información sobre Manuel María.
1.       Cal é a relación de Manuel María con Monforte?
2.       Que escritor/a ocupa actualmente a “súa” cadeira na R.A.G?
3.       Que outros dous candidatos foron propostos xunto con Manuel María para o Día das Letras Galegas 2016? Que poderías contar sobre eles?

MANUEL MARÍA NOS XORNAIS
MODALIDADE VIRTUAL:
Colabora co blog “arredordemanuelmaria” do noso centro e recompila noticias de prensa sobre Manuel María e o Día das Letras Galegas deste ano.
MODALIDADE ANALÓXICA:
Fai unha selección na web de noticias sobre Manuel María, selecciona as máis interesantes, imprímeas e organízaas coa idea de colocalas no taboleiro de anuncios do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e de que sirvan para proporcionar información básica sobre a figura do autor deste ano: quen é, obra, homenaxes que se están a realizar…

SÓ PARA CREATIVOS/AS!
Crea un anuncio publicitario gráfico de prensa que promova a Casa Museo de Manuel María. Pensa no público ao que iría destinado, a imaxe e o slogan que mellor poidan animar a xente a visitala, e ante todo, intenta ser creativo/a!
Se o prefires, podes facer un anuncio publicitario sobre unha obra concreta do autor, ou sobre os Día das Letras Galegas deste ano.

A OBRA DE MANUEL MARÍA NUNHA OLLADA!
Sabedes que unha gráfica é unha representación de datos onde se pode apreciar dunha ollada a relación entre eles, non si? Pois nesta proposta invitámosvos a que transformedes a información sobre a obra de Manuel María nunha vistosa gráfica que dea conta, por exemplo, da súa obra e os anos na que a realizou, ou o tipo de obra realizada (posesía, narrativa…) e o ano de publicación… Despois podes facer un breve comentario sobre a información que, dunha ollada, nos ofrece a gráfica.

 SOPA DE LETRAS


Busca na sopa de letras seis oficios que aparecen no poema “o soñador” Despois de atopados os oficios, coas letras restantes poderás ler a primeira estrofa do poema.
Q
U
I
X
E
R
A
S
E
R
M
U
I
M
U
I
Ñ
E  
I
R
O
O
Ñ
E
I
A
R
O
P
R
A
M
R
E
E
N
F
R
O
U
L
A
F
I
P
R
D
E
F
I
F
O
G
U
E
T
E
I
R
O
A
Ñ
R
I
Ñ
T
R
A
S
L
E
V
A
E
R
I
I
A
R
B
C
R
A
N
C
I
A
A
A
P
E
U
A
C
H
A
N
R
G
O
N
C
I
O
D
B
R
A
R
O
I
A
A
M
R
A
O
Q
U
I
A
A
B
C
D
E
O
F
R
G
H
I
K
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U



Nestoutra sopa aparecen cinco palabras que son partes dun útil de labranza típico da nos aterra: o arado. Aparecen tamén no poema do mesmo nome “o arado” ORELLEIRAS-RELLA-CHAVELLA-RABELA-TEMON.

A
B
C
A
D
E
F
G
H
I
K
O
R
E
L
L
E
I
R
A
S
L
M
N
Ñ
L
O
P
Q
A
R
S
T
U
V
R
E
L
L
A
B
X
Z
A
B
C
D
V
E
F
T
E
M
O
N
G
H
I
A
K
L
M
L
N
Ñ
O
P
Q
R
H
S
T
U
A
V
X
Z
A
B
C
C
D
E
F
G
H
I
K















ENCRUCILLADO

Resolve  coas definicións dadas sobre a vida e obra de Manuel María.
1-Lugar de nacemento e localidade lucense onde se ubica a casa museo de Manuel María.
2-Localidade lucense onde traballou e viviu gran parte da súa vida.
3-Nome do seu pai.
4-Coñéceselle como o Poeta da Terra _ _ _.
5-Nome da súa nai.
6-A súa primeira obra, que ademais foi o primeiro libro de poesía publicado en galego despois da guerra civil, titúlase: _ _ _ _ _ _ _ _ de brétemas.
7-Nome da súa dona.
8-O seu segundo apelido.
9-Xénero literario no que máis destacou.
10-Cidade onde faleceu.
11- O seu primeiro apelido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario