1. RECITAR

Para ir comezando, poderiamos escoller algún poema, un fragmento narrativo... da obra de Manuel María e facer unha gravación. Temos un bo exemplo no mesmo Manuel María, que podemos ver aquí recitando "Rosas":


Podedes "subir" as vosas gravacións á pestana do curso correspondente, á de familias, visitantes... ou, se preferides, envialas a bepeal1@gmail.com e xa as subimos nós.

Moitas grazas!

Xa temos algunhas achegas na pestana de 1º/2º de ESO; grazas ó alumando de Oratoria e á súa profesora, Noa.
E tamén participou nesta proposta o alumnado do CEE Infanta Elena, de Monforte de Lemos (pestana de E Esp.). Moitísimas grazas e parabéns polo voso traballo!

Ningún comentario: