En 1999,
a Asemblea xeral da ONU declarou o 25 de novembro como Día Internacional contra
a Violencia de Xénero, normalmente asociada á violencia contra a muller, é
dicir, nos casos nos que a vítima
pertence ó xénero feminino.
A data
recorda o violento asasinato das irmáns Mirabal, tres activistas políticas
dominicanas.
A nosa
proposta é que deseñedes un cartel de cine que invite á loita contra este grave
problema social, que conteña algunha referencia á poesía de Manuel María (o
título pode ser algún dos seus versos...).
PROPOSTA B
Creación
dunha composición acróstica contra a violencia de xénero, de xeito que as
letras iniciais dos versos, lidas verticalmente, formen o nome “Manuel María”.
Podedes subir as vosas resposta á pestana correspondente (a través de "comentarios") ou envialas a bepeal1@gmail.com e xa as colgamos nós.
Graciñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario