En Remol, Manuel María dedica un poema á muller galega, muller traballadora e esquecida, á que non se lle renden homenaxes; aquí tedes un fragmento do poema:
As mulleres galegas
-labregas,
mariñeiras, artesás,
obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia-
non foron cantadas
polos poetas cultos e
premiados,
pechados nas súas torres
de almasí:
eles, tan sensibles, non
podían
adicarlles rondós e
madrigales,
sonetos perfetísimos
a donas que falan en
galego,
que son a forza do pobo,
porque non teñen xeitos
requintados,
deprendidos en colexos
elegantes,
nin vestidos fermosos,
nin frases retorneadas
- nunca foron á escola,
nin alternaron tampouco en
sociedade -
i as súas maus non se
semellan
ás azas dos paxaros,
nin teñen soavidades de
veludo:
están encallecidas polo
traballo,
son duras como as pedras,
só tenras pro garimo,
con soavidades de mel
pra perdoar e comprender,
pra sementar tenrura e máis
amor,
pra arrincar odios.
Habitualmente, lembramos neste día a mulleres que destacaron na historia, na ciencia, na literatura... que ben o merecen! Pero a nosa proposta, inspirada por este poema de Manuel María, é render unha homenaxe a esas mulleres que temos preto: as nais, avoas, irmás, tías, sogras, veciñas, amigas, compañeiras...
Cadaquén á súa maneira: dedicándolles uns versos, escribindo a razón de que sexan tan importantes para nós, redactando unha carta, enviándolles unha aperta... xa que tamén: ben o merecen!
Lembrade subir as vosas homenaxes á pestana correspondente ou envialas a bepeal1@gmail.com.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.