11. O BANDO

Neste poema, Manuel María utiliza a estrutura dun escrito administrativo para compoñer un poema.

O BANDO
Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.

Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo ...


Están fora da Lei
 a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.

Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar ...
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar  ...
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.

E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

Dase este bando en tal e cuale
pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.


Documentos persoais (1958) (adaptación)

Atrevédesvos a compoñer o voso propio poema partindo da estrutura dun escrito deste tipo? Pode ser un bando, unha solicitude, un currículo...
Coma sempre, "subídeo" á pestana correspondente ou enviádeo a bepeal1@gmail.com
 

Ningún comentario: