No libro Panxoliñas (1992), Manuel María publica varias composicións que xiran en torno ó Nadal, moitas delas usadas, como felicitación das festas, para enviar ás súas amizades.
Aquí vos deixamos algunhas destas panxoliñas, ás que lles faltan palabras. A nosa proposta é que busquedes os poemas completos e indiquedes, por orde, cales son as palabras que faltan.
Verbas para o tempo do Nadal
Agora é o tempo do Nadal.
-------- é o tempo de ---------
en pé o noso amor
e --------- a Estrela
que nos alume -------- o corazón.
Agora é o tempo do Nadal.
O -------- da neve
e máis o da canción.
Agora é o tempo
de --------- para sempre o noso amor!
Panxoliña labrega
-Ouvean lobos na serra.
O río baixa xeado.
Non hai ------------ de terra
que se atope desnevado!
Non teñen pacido os gados.
O corisco roe forte.
Están ---------- os prados
e as ovelliñas na corte!
-Ti olla ao ceo! Na altura
unha estrela a relumbrar!
Sinto en min unha ----------
dentro da alma a medrar!
-Hoxe naceu un Neniño!
Naceu o Fillo de Deus!
Heille de dar -------------
e darlle os amores meus!
Naceu pobriño, tan pobre!,
ao ---------- como o centeo.
Nin un só capizo cobre
ao meu Reiciño do Ceo!
Vede un milagre!No ar
hai unha gran ------------
e escóitanse anxos cantar:
"Paz aos de boa -----------!"
Están luceiros brillando!
As estrelas alumean!
O río baixa cantando
e os lobos xa non ------------!
Panxoliñas do Advento
Este ar non ten ...............
Tampouco ten aloumiño:
só un vento .............. de frío
que se pousa no camiño.
Está a chegar o Nadal:
o seu vento ..................
ten de cantar no Portal
e de acender o ..............
Na pestana de 1º/2º de ESO xa temos algunhas respostas!
Parabéns.
RESPOSTA Á PROPOSTA DA ACTIVIDADE DE NADAL (lUCÍA E VERÓNICA)
ResponderEliminarVerbas para o tempo do nadal
Agora é o tempo do nadal
Agora é o tempo de poñer
en pé o noso amor
E procura a estrela
que nos alumbre sempre o corazón
Agora é o tempo do nadal
o tempo da neve
e máis o da canción
Agora é o tempo
de ascender para sempre o noso amor