E OS DEREITOS HUMANOS,
PACIFISMO
Documentos
persoais (1958)
Bando Paula
Ethan
Prohíbese,
por orde da Alcaldía,
que medren
porque si
as rosas do
xardín municipal.
que pedir
licencia para voar.
Prohíbeselle
á lúa
andar ceiba
de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo as nenas castas
e aos
fillos de familia.
Pagarán
trabucos os poetas.
Prohíbese
soñar de 10 a 11.
Prohíbese
tamén derramar bágoas.
Pódese
chorar só cando hai sequía
para que
non fiquen baleiros os pantanos.
Un só se
pode emocionar
os Xoves e
Domingos
cando toca
a banda do
concello no quiosco.
Están fóra
da lei
as
estrelas, a Primavera,
as flores e
os paxaros.
Dáse este
bando en tal e cal
para que se
cumpra
de orde do
Alcalde.
Asinado,
carimbado e rubricado.
Mar
maior (1963)
Verbas a un
irmao Manuel
Andrea
Escoita
irmao, as miñas verbas:
son
sinxelas e impuras
como as
verbas feridas
en coitelo
dos beizos, cada día.
Vouche
dicir tan só que teño;
a miña mao tendida
aberta, núa e vida como o mar.
aberta, núa e vida como o mar.
Que teño,
irmao, maduro o corazón
para gardar
nel as verbas túas.
Que a vida
é moi fermosa
aínda que
hai homes
con verbas
de falsía,
e o corazón
podre polo odio,
e as maos
pingando sangue,
e
agachados, no fondo dos seus petos,
en vixía,
coitelos e
pistolas asasinas.
Que
importa, irmao, que morra o día
se a súa
morte
abre en nós
a esperanza do mencer?
Non temas.
Aínda o
paxaro ten canciós
e as
estrelas se alcenden cada noite.
Odes nun
tempo de paz e alegría (1972)
Oda á
guerra Carla
A guerra é
a salvación da humanidade,
fai avantar
a ciencia, desenrola
ao pobo,
crea industrias importantes
dun xeito
case milagroso, asegura
a paz, é constructiva,
sirve
de inspiración aos cantos épicos,
fabrica heroes inmortais e lexendarios.
Na guerra
un pode demostrar o seu
valor e o
seu valer, gañar ascensos,
acadar
condecoraciós moi prezadas,
brillantes
e honrosísimas. En tempo
de guerra
todo é progreso, ledicia
e máis
fartura. Mísiles, tanques,
fusiles,
pistolas, metralletas,
escuadras,
canós aéreos e antiaéreos,
bombas
atómicas, de mao e de napalm
erguen unha
música doce e harmoniosa
que a xente
escoita compracida
e enlevada.
Todos van á morte
moi
felices, os feridos teñen nos beizos
a flor
dunha sorrisa. Non se derrama
sangue, ai,
eso non!. Os campos
bombardeados
e incendiados
seméllanse
aos xardíns e ás máxicas
fogueiras
de San Xohán.
Os homes
esquécense de odiar
e aprender a amarse de verdade.
Proba
documental (1968)
Pequena
canción a un desengano Lucía
María
Cando eu
era neno coidaba que o home
tiña ideais
nobres, puros e fermosos.
O mestre
dicíanos, moi cheo de razón,
que o mal e
máis o ben están
na vida
misturados e que o ben
é sempre o
que trunfa.
Contábanos
feitos xenerosos,
cousas
extraordinarias.
Dicíanos que a historia
-verba que
eu gosto
de escribir
con minúscula:
está
escrita en letras de ouro.
Un agora,
ao cabo dos anos, coida
que o
mestre aquel -tan bo-
era algo
parvo.
polo ouro.
A loita
polo ouro
costa
sangue
e medo,
e dor,
e sangue,
e sangue,
e sangue...
Os soños
na gaiola (1972)
Galiza Carla
Galiza
docemente
está
ollando ao mar:
tan vales e
montañas
e terras
para labrar!
Ten portos,
mariñeiros,
cidades e labregos cargados de traballo
cargados de trafegos!
Galiza é
unha nai
velliña,
soñadora:
na voz da
gaita rise,
na voz da
gaita chora!
Galiza é o
que vemos:
a terra, o
mar, o vento...
Pero hai
outra Galiza
que vai no
sentimento!
Galiza
somos nós:
a xente e
máis a fala.
Se buscas a
Galiza
en ti tes
que atopala!
Versos
para un país de minifundios (1969) Verónica
Nerea
Non creas o
que din os xornais,
nin o que
berran
as estaciós
de radio,
nin os números
xeados
que traen
as estatísticas.
Non te fíes
tampouco
no que se
le nas guías
feitas para
uso de turistas.
Non enchas
o teu corazón
-tan canso
e tan velliño-
coas
canciós de moda.
Non lle dés
creto ningún
á
propaganda.
Non ergas
na túa intimidade
-no lugar
que algún día
ocuparon os
deuses-
a imaxe dun
ídolo
que pode
ser un futbolista,
unha
estrela de cine,
un
charlatán,
cecais un
falso amigo.
Recóllete
en ti, ouh
pobo meu!,
medita,
chora
longamente
os teus
pecados.
E así que
esteñas purificado
polas
bágoas
olla a
realidade
na que
vives
e abre,
para sempre,
os teus ollos puros cara a
luz.
Versos
do lume e vagalume
(1982)
Regresos 3 Noa
Matías
Chamei, de
xeito pesado e insistente, a cada
porta,
batín en todos os corazóns,
petei en
todas as conciencias,
andei os
camiños que a vida e o azar
puxeron
diante dos meus ollos,
berrei ata
rebentar os pulmóns
e quebrar a
miña voz como un cristal,
malgastei o
herdo de paixón que recibín
dos nosos
antigos máis amigos
e, ás
veces, atopei unha compaña
amiga e
solidaria, xentes xenerosas
máis
atentas ao destino común
que aos
seus pequenos egoísmos persoais.
Tamén
tropecei con traidores, oportunistas
e moitos,
moitos desertores.
Con todo,
mereceu a pena tanto esforzo;
o futuro –
non o dubidedes – será noso.
Déixovos o
que teño: a miña escura voz
para que
cando sexa somente
a sombra
dunha sombra moi lonxana
alguén se
lembre de min na miña tribo
do mesmo
xeito que a folla dun carballo
lembra a
brisa que agarimou algunha vez.
|
Poema á
muller galega Tatiana
Samuel
...
Galiza é
unha muller.
Galiza,
néboa imprecisa,
río ao que
nunca se lle ve o fondo,
dor que nos
manca,
casa de
cantería tan velliña,
ten nome
feminino,
un nome moi
fermoso de muller.
Galiza,
nosa nai,
nosa dona,
nosa irmá,
nosa amiga.
Galiza noso
desacougo
e nosa
vida.
Todas as
mulleres son Galiza:
voz que nos
chama e nos arrola,
luz que nos
aluma,
amor que
nos alcende:
tenrura que
anceiamos
e nos
cómpre.
Esperanza
ergueita
cara un
futuro limpo,
noso, que
agardamos!
|
Mensaxe
aos emigrantes galegos
Teño
necesidade de escribirvos. Quero
que
escoitedes os meus versos humildes
nacidos do
amor e da carraxe, homes
e mulleres
galegas, que estades lonxe
da patria,
arredados do país natal:
que levades
na alma, como un facho,
un cachón
de luz co que alumades
a vosa
dignidade, e unha brétema
escura
feita de saudade e morriña.
..
Vós
dixestes non aínda sen dicilo.
Estades a
loitar como valentes: o voso
corpo está
canso e magoado: tedes
unha
saudade acesa, moura, queimando,
rillando,
torturando da vosa alma.
...
Vós,
emigrantes, non vos conformastes,
non
quixestes soportar a humillación
nin o xugo
servil da escravitude.
Andades
espallados pola terra a facer
un mundo
novo, sen fronteiras nin
patrias
pequeniñas; poñendo os cementos
dunha
sociedade máis pura e fermosa;
erguendo a
esperanza ao alto como
unha
bandeira de amor estrelecida;
demostrando
que non hai razas,
que o home
é irmao do home...
O voso
segredo
está en que
é a Galiza verdadeira
a luz que
vos aluma o corazón.
|
As
lúcidas lúas do outono (1988)
Ode ao
nacemento dunha folla Nerea
(4º)
Que
cantidade de marabilla
foi precisa
para que
se producira este prodixio?
sentiu a
árbore
cando esta
folla
xurdiu á
luz de súpeto?
Que lle
diría o vento
cando a
ollou?
Cando se
menea e vibra:
que segredo
ou mensaxe
nos quere
transmitir?
Como e de
que xeito
tivo que
adelgazar a terra,
rubir
árbore enriba, facerse
vidro
musical e transparente
e ser
delicada folla estremecida?
Égloga
da lonxanía Adrián
C.
Todo está
lonxe de nós. Todo
nos pode
ser alleo se non
abrimos os
ollos á vida
e ao amor.
Somos o mesmo
que un
castelo sen portas
nin
xanelas: podemos podrecer
e perecer
roídos pola couza.
Abonda tan
só abrir un oco
para que o
ar e a luz
entre en
nós. E nos posúan.
A luz
resucitada (1984)
Home Adrián
M.
Os meus pés
son carballos poderosos
enraizados
no chao moi firmemente.
As maus
convértense en pombas
voando na
luz, de cara á vida.
Máxico val
é o meu peito
cruzado de
escusados, fondos ríos
que en min
nacen e morren
cun
murmurio doce e delicado.
O corazón é
un volcán
aceso polo
lume do amor.
Da fontenla
dos meus beizos
agroman
palabras musicais
que xorden
da terra como a auga.
Os ollos
como estrelas cintilando
na mesta
escuridade...
E a miña
frente e alto monte
coroado de
nubes e de neves
onde as
calandras cantan libremente.
|
Elexía
por unha dúbida. Iago
Aitor
Non sei se
era dúbida ou era
vaguidade,
si ou non,
día ou
noite,
intuición
ou sentimento,
amor ou
odio,
farrapo de
brétema
ou raiola
de sol.
Non cheguei
a distinguir
se era o
frío da vida ou
o calorciño
tépedo da morte.
Compendio
de orballos e incertezas (1991)
VIII Pablo
Darío
Sempre ando
soñando arreo
-non mo
tomedes a mal-
cun
invento, no que creo,
no meu país
ideal!
Este país
do que eu falo
sen
mentiras nin ladrós:
sabe que o
odio é moi malo
e que os
amores son bos¡
E, nesta
patria baril,
da que son
o señor dono,
hai
amenceres de abril
e
atardeceres de outono.
Que o meu
país é unha illa
sen mágoas
e sen tristezas.
O reino da
marabilla
no que
goberna a beleza !
|
Rondó do
eterno retorno Alba
Adrián (4º)
Eu sei que
son unha árbore:
cecais un
carballo
ou un
castiñeiro poderoso
ou aínda
unha abidueira
que o vento
cimbrea e non
arrinca.
Escoito a voz
da terra
que, amorosa e
urxente, me
reclama.
Déitome no
chao como un
penedo:
deixo que o humus
me ensuma
no seu seo.
Pro sei que
agromarei
en folla
verde e tenra
aló na
Primavera.
E agardo
ilusionado que
o Outono me
murche para ser
terra de
novo, unha vez máis.
|
Remol (1970)
O autor
fala de si
Son
terra. Eu estou feito de terra
e
máis de amor. O meu corazón é
un
penedo ao que só pode fender
a
dinamita. O meu corpo está feito
de
vales, de outeiros e de corgas.
O
meu sangue é un regueiro, un río,
un
océano que canta e se enfurece.
A
miña alma é un vento livián.
A
miña voz é un chío case imperceptíbel
como
o rumor dun regueiro entre
xuncais. Que queredes de minpolíticos, cregos, mandamais,
enxeñeiros,
mestres, policías?
...
A
vosa voz fría,
feita
con cemento e aceiro,
corta
coma un coitelo, ten o ton
que
lle dan os altavoces, o timbre
do
voso proveito e nada máis.
Tampouco
vós me entendedes.
Non
queredes entender o meu idioma
usado
por labregos, mariñeiros,
artesás
e poetas. É inútil falar.
Eu
son pobre: estou
feito
de terra e máis de soño.
Por
eso non vos pido amor. Non
vos
pido tan siquer comprensión.
Como
vai dialogar, como é posíbel
que
falen e se entendan de verdade
a Lei Hipotecaria e un
outeiro?Como un tranvía pode comprender
un
alalá? Como se vai parar
un
reactor para ver como florece
unha
mazaira? Como o Código Civil
se
vai emocionar, anque un regato,
ledo
e cantador, se poña en pé
e
as árbores inclinen as súas testas
de
soños e paxaros para escoitalo?
Eu son terra tan só. Terra galega. KAMISHIBAI
Non vos perdades o kamishibai que nos enviaron desde o CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu, Pontevedra. Está realizado polo alumnado de 3º e 4º de EP para ser contado en diferentes lugares da vila.
Moitas grazas a Ami por mandalo!
Aquí o podemos ver:
KAMISHIBAI CEIP A PEDRA DE BUEU
Ningún comentario:
Publicar un comentario