12. MÚSICA

Moitos dos poemas de Manuel María foron musicados por diversos autores, intentaramos aquí:

1º-. PROPOSTA A:
Crear un banco de recursos con ligazóns a páxinas nas que aparezan poemas de Manuel María musicados (audio e/ou vídeos). Se as "subides" á pestana correspondente, logo o equipo xa se encarga de recompilalas e iraas poñendo todas xuntas nun apartado que se creará para este fin.
Aquí van as primeirs ligazóns:
2ª.- PROPOSTA B:
Para contribuír nós tamén a que este banco medre, podemos "subir" as nosas propias interpretacións musicais de poemas de Manuel María (quizais os departamentos de Música poidan botarnos unha man con isto!).


Xa temos algún envío para a proposta A: tres ligazóns enviadas por Carmen Prendes, que están na pestana: persoal CPI. Tamé Miguel e Esther (3º ESO) achegaron as ligazóns que están na pestana de 3º/4º de ESO.
Moitas grazas!

Ningún comentario: