Así o fixo o alumnado de 3º a 6º de EP do CPI Luís Díaz Moreno; podedes ver o seu traballo nas pestanas correspondentes.
E aquí vos deixamos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que nos facilitou o seu profesorado:
DECLARACIÓN
UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS
Artigo 1.- Todos os
seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como
están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos
outros.
Artigo 2.- 1.- Toda
persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamadas nesta
Declaración, sen distinción algunha de raza,
cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole,
orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra
condición. 2. Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición
política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdición
dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun
territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera
outra limitación de soberanía.
Artigo 3.- Todo
individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.
Artigo 4.- Ninguén
estará sometido a escravitude nin a servidume; a escravitude e trata de
escravos están prohibidas en todas as súas formas.
Artigo 5.- Ninguén
será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou
degradantes.
Artigo 6.- Todo ser
humano ten dereito, en todas partes, ao recoñecemento da súa
personalidade xurídica.
Artigo 7.- Todos
son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da
lei. Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminación que
infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.
Artigo 8.- Toda
persoa ten dereito a un recurso efectivo, ante os tribunais nacionais
competentes que a ampare contra actos que
violen os seus dereitos fundamentais
recoñecidos pola constitución ou pola lei.
Artigo 9.- Ninguén
poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.
Artigo 10.- Toda
persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída
publicamente e con xustiza por un tribunal
independente e imparcial, para a determinación dos seus dereitos e obrigacións
ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal.
Artigo 11.- 1.-
Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia
mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no
que se lle aseguraron todas as garantías necesarias para o seu defensa. 2.
Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non
foron delituosos segundo o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se
impoñerá pena máis grave que a aplicable no momento da comisión do delito.
Artigo 12.- Ninguén
será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o
seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa
reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales
inxerencias ou ataques.
Artigo 13.- 1.-
Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no
territorio dun Estado 2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, ata
do propio, e a regresar ao seu país.
Artigo 14.- 1. En
caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en
calquera país. 2. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción
xudicial realmente orixinada por delitos comúns Por actos opostos aos
propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 15.- 1. Toda
persoa ten dereito a unha nacionalidade. 2. A ninguén se privará
arbitrariamente da súa nacionalidade nin do
dereito a cambiar de nacionalidade.
Artigo 16.- 1. Os
homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen restrición
algunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casarse e fundar unha
familia; e gozarán de iguais dereitos en canto ao matrimonio, durante o
matrimonio e en caso de disolución do matrimonio. 2. Só mediante libre e pleno
consentimento dos futuros esposos poderá contraerse o matrimonio. 3. A familia
é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da
sociedade e do Estado.
Artigo 17.- 1. Toda
persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente. 2.
Ninguén será privado arbitrariamente da súa
propiedade.
Artigo 18.- Toda
persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este
dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenzas, así como a
liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e
colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o
culto e a observancia.
Artigo 19.- Todo
individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, este dereito
inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e
recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de
fronteiras, por calquera medio de expresión.
Artigo 20.- 1. Toda
persoa ten dereito á liberdade de reunión e do asociación pacificas. 2. Ninguén
poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación.
Artigo 21.- 1. Toda
persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por
medio de representantes libremente escolleitos. 2. Toda persoa ten o dereito de
acceso, en condicións de igualdade, ás funcións publicas do seu país. 3. A
vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade
expresarase mediante eleccións auténticas que haberán de celebrarse
periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto ou outro
procedemento equivalente que garanta a liberdade do voto.
Artigo 22.- Toda
persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter,
mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional, tendo en conta da
organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos
económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ao libre
desenvolvemento da súa personalidade.
Artigo 23. - 1.
Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a
condicións equitativas e satisfactorias de
traballo e á protección contra o desemprego. 2. Toda persoa ten dereito, sen
discriminación algunha, a igual salario por traballo igual. 3. Toda persoa que
traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria que lle asegure
así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será
completada, en caso necesario, por cales queira outros medios de protección
social. 4. Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a
defensa dos seus intereses.
Artigo 24.- Toda
persoa ten dereito ao descanso, ao goce do tempo libre, a unha limitación
razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagas.
Artigo 25. - 1.
Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á
súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a
vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten así mesmo
dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez,
vellez ou outros casos de perda do seu medios de subsistencia por
circunstancias independentes da súa vontade. 2. A maternidade e a infancia
teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Todos os nenos, nacidos de
matrimonio ou fóra de matrimonio, teñen dereito a igual protección social.
Artigo 26.- 1. Toda
persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta polo menos no
concernente á instrución elemental e fundamental. A introdución elemental será
obrigatoria. A instrución técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o
acceso aos estudos superiores será igual para todos, en función dos méritos
respectivos. 2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da
personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás
liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade
entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou relixiosos; e promoverá o
desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz. 3.
Os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de
darse
aos seus fillos.
Artigo 27. - 1.
Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da
comunidade, a gozar das artes e a participar no
progreso científico e nos beneficios que del resulten. 2. Toda persoa ten
dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por
razón das producións científicas, literarias ou artísticas de que sexa autora.
Artigo 28.- Toda
persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional no que
os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración fáganse plenamente
efectivos.
Artigo 29.- 1. Toda
persoa ten deberes respecto da comunidade posto que só nela pode desenvolver
libre e plenamente a súa personalidade. 2. No exercicio dos seus dereitos e no
goce das súas liberdades, toda persoa estará soamente suxeita ás limitacións
establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos
dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da moral,
da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática. 3. Estes
dereitos e liberdades non poderán, en ningún caso, ser exercidos en oposición
aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 30.- Nada na
presente Declaración poderá interpretarse no sentido de que confire dereito
algún ao Estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver
actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e
liberdades proclamados nesta Declaración.
Aprobado e proclamado pola Asemblea Xeral das
Nacións Unidas, o 10 de decembro
de 1948.
Ningún comentario:
Publicar un comentario