No seu discurso de ingreso á RAG, Manuel María di:
Escribín por un irreprimíbel afán de comunicación cos meus semellantes, e por gañar un mínimo espazo á morte. A palabra falada lévaa o vento. A que se escribe, anque non se lea nunca, permanece viva mentres se conserve no soporte que a contén. Nos anos da adolescencia e a mocidade coidei que era poeta. Conforme foi pasando o tempo, entráronme as dúbidas. O número de versificadores é infindo. Os auténticos poetas, moi escasos. Sospeito que ao longo da miña vida houbo algún intre no que quizais rocei o milagre poético. Quizais. Non podo afirmalo. Ao peor todo foi un espellismo. Teño sempre moi presente un poema de Álvaro Cunqueiro no que di:
Pra un verso mil anos son unha mocedá.
Tamén poetizou a súa concepción de poema:
O poema
Um poema é um ser vivo que anda,
respira,
sonha, chora, salouca,
ama,
berra, cintila e escurece,
cala,
aborrece a mentira,
sente
ódio e ternura, dessangra-se,
fala
de intimidade e intimidade
coas
cousas e coa gente, sugere
mundos
possíveis e impossíveis,
sua,
cansa, sofre sede e fame,
adoece,
agoniza. E nunca morre.
A
luz ressuscitada (1984)
Procurade vós as declaracións doutros poetas e poetisas sobre a poesía, xa sexa en prosa ou en verso, e podedes engadir a vosa propia opinión ó respecto.
PROPOSTA B
Fixádevos nestes vídeo-poemas, o primeiro é de Sara Criado Rodríguez, 4º ESO, curso 2014-15; o segundo é de Antía Varela Muñiz:
PROPOSTA C
Podemos retomar a primeira proposta xeral que vos fixemos (1. Recitar) e facer unha nova gravación con outros poemas de Manuel María; para aqueles e aquelas que aínda no probastes, agora é o momento!
Lembrade "subir" os vosos traballos á pestana correspondente ou envialos a bepeal1@gmail.com
Grazas!
Temos xa algunhas colaboracións na pestana de 3º/4º de ESO.
Moitas grazas!
Temos xa algunhas colaboracións na pestana de 3º/4º de ESO.
Moitas grazas!
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.