8. PROCURAR


Esta proposta está baseada noutra que fixo o IES de Guitiriz dentro do seu proxecto: “A lus do Mundo. Tralas pegadas de Díaz Castro”. O EDNLG proporavos palabras empregadas nalgunha obra de Manuel María e vós teredes que atopalas e escribir o poema, fragmento... no que se insiren (para que sexa máis doado, poremos tamén a obra).
Coma sempre, subídeos ás pestanas ou enviádeos a bepeal1@gmail.com. Grazas!

Comezamos:
1º.- Localiza e transcribe o poema do libro Terra Chá que inclúe o seguinte termo: xogoral
NOTA: "Xogoral" é un adxectivo que significa "que actúa con alegría e dinamismo"


Parabéns a Álex, Gonzalo e Lucía, que xa atoparon o poema onde se atopa este termo, e subírono á pestana 1º/2º de ESO.
En breve, colgaremos outra palabra, a ver quen a atopa! 



.- Localiza e transcribe o poema do libro Mar maior (1963) que inclúe o seguinte termo: devalar
NOTA: "Devalar" significa "baixar a marea", "entrar a lúa en cuarto minguante" ou "ir o sol cara ó ocaso".




3º.- Esther, de 3º de ESO, invítanos tamén a localizar e transcribir o coñecido poema do libro As rúas do vento ceibe que inclúe o seguinte termo: ronsel.
NOTA: "Ronsel" significa "marca que deixa unha embarcación pola popa", "rastro que deixa alguén ou algo que pasa"

Ningún comentario: