Día contra a violencia de xénero (25 -11)

PROPOSTA A

En 1999, a Asemblea xeral da ONU declarou o 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero, normalmente asociada á violencia contra a muller, é dicir, nos casos  nos que a vítima pertence ó xénero feminino.
A data recorda o violento asasinato das irmáns Mirabal, tres activistas políticas dominicanas.
A nosa proposta é que deseñedes un cartel de cine que invite á loita contra este grave problema social, que conteña algunha referencia á poesía de Manuel María (o título pode ser algún dos seus versos...).

PROPOSTA B
Creación dunha composición acróstica contra a violencia de xénero, de xeito que as letras iniciais dos versos, lidas verticalmente, formen o nome “Manuel María”.

Podedes subir as vosas resposta á pestana correspondente (a través de "comentarios") ou envialas a bepeal1@gmail.com e xa as colgamos nós.

Graciñas!

EDLG 


Aquí temos xa un cartel de cine deseñado polo alumnado de 3º de ESO e mais por Lidia, a súa titora:
 Parabéns polo voso traballo (subirémolo tamén á pestana correspondente, onde tamén "colgaremos" os vosos marcapáxinas).

Ningún comentario:

Publicar un comentario