Nadal

No libro Panxoliñas (1992), Manuel María publica varias composicións que xiran en torno ó  Nadal, moitas delas usadas, como felicitación das festas, para enviar ás súas amizades.
Aquí vos deixamos algunhas destas panxoliñas, ás que lles faltan palabras. A nosa proposta é que busquedes os poemas completos e indiquedes, por orde, cales son as palabras que faltan.

Verbas para o tempo do Nadal 
Agora é o tempo do Nadal.
-------- é o tempo de ---------
en pé o noso amor
e --------- a Estrela
que nos alume -------- o corazón.

Agora é o tempo do Nadal.
O -------- da neve
e máis o da canción.
Agora é o tempo
de --------- para sempre o noso amor!


Panxoliña labrega 
-Ouvean lobos na serra.
O río baixa xeado.
Non hai ------------ de terra
que se atope desnevado!
Non teñen pacido os gados.
O corisco roe forte.
Están ---------- os prados
 e as ovelliñas na corte!
 -Ti olla ao ceo! Na altura
unha estrela a relumbrar!
Sinto en min unha ----------
dentro da alma a medrar!
 -Hoxe naceu un Neniño!
Naceu o Fillo de Deus!
Heille de dar -------------
e darlle os amores meus!
Naceu pobriño, tan pobre!,
 ao ---------- como o centeo.
 Nin un só capizo cobre
ao meu Reiciño do Ceo!
Vede un milagre!No ar
hai unha gran ------------
e escóitanse anxos cantar:
 "Paz aos de boa -----------!"
Están luceiros brillando!
As estrelas alumean!
O río baixa cantando
e os lobos xa non ------------!

Panxoliñas do Advento 
Este ar non ten ...............
Tampouco ten aloumiño:
só un vento .............. de frío
que se pousa no camiño.
Está a chegar o Nadal:
o seu vento ..................
ten de cantar no Portal
 e de acender o ..............



Na pestana de 1º/2º de ESO xa temos algunhas respostas!
Parabéns.

1 comentario:

  1. RESPOSTA Á PROPOSTA DA ACTIVIDADE DE NADAL (lUCÍA E VERÓNICA)

    Verbas para o tempo do nadal

    Agora é o tempo do nadal

    Agora é o tempo de poñer
    en pé o noso amor
    E procura a estrela
    que nos alumbre sempre o corazón

    Agora é o tempo do nadal
    o tempo da neve
    e máis o da canción

    Agora é o tempo
    de ascender para sempre o noso amor

    ResponderEliminar